Skip to main content

Galicia Calidade agasallará ás gañadoras do Mestre Mateo nas categorías de interpretación, dirección e mellor comunicador ou comunicadora con dúas noites para dúas persoas nun establecemento hoteleiro certificado. 

Creada en 1995 Galicia Calidade é unha marca de garantía que certifica a calidade de produtos e servizos. Na actualidade, preto de 140 empresas están acollidas á marca que certifica unha ampla gama de produtos que van desde o sector agroalimentario ata a artesanía, pasando polo turismo ou a xoiaría, aplicando aos produtos certificados auditorías de calidade para garantir a consumidores e usuarios que os produtos cumpren os requisitos esixidos.

A xerente da entidade foi a encargada de entregar un dos premios especiais dos XXI Mestre Mateo na xuntanza de finalistas celebrada o 25 de febreiro en Allariz, o Premio Galicia Calidade á promoción exterior, que recaeu en Rapa e foi recollida por Jorge Coira, director, Pepe Coira, guionista, e Ana Míguez, directora de produción da serie.

Galicia Calidade tamén colabora na celebración da Noite do audiovisual galego que terá lugar na Carballeira de Santa Cruz ao finalizar a gala.