Skip to main content

A Coruña, 21 de novembro de 2022 | Os premios Paraugas, organizados polo Cluster de Comunicación de Galicia, celebraron a súa entrega de premios anual o pasado venres en Expourense, nunha cita que recoñeceu os mellores traballos de marketing e comunicación feitos en Galicia.

A gala dos Mestre Mateo resultou gañadora nesta sétima edición na categoría de Mellor evento. Celebrada o 19 de marzo de 2022 en Expocoruña, o evento empregou a máis de 300 profesionais e 52 empresas auxiliares e deixou un retorno económico directo na cidade da Coruña de mais de 250.000 €. A estratexia de comunicación dos XX Mestre Mateo obtivo unha unha notable repercusión en medios de comunicación galegos e estatais, cun valor publicitario de 1.638.315 €, o que representa un incremento do 55% con respecto á edición de 2021.

Desde a Academia Galega do Audiovisual queremos agradecer ás entidades patrocinadoras e colaboradoras que fixeron posible que esta gala especial de vinte aniversario fose recoñecida como o mellor evento do ano: Abanca, Cafés Candelas, Estrella Galicia, Cega, Deleite, Paco & Lola, Gadis, Trevisani, Galicia Calidade e Aisge así como os apoios institucionais por parte do Concello da Coruña, Deputación da Coruña, Consellería de Cultura e CRTVG.

A concepto da campaña Vaia Fauna, canto talento! baixo a que se desenvolveu a XX edición dos premios Mestre Mateo foi desenvolvido conxuntamente entre a Academia e a axencia Quattro IDCP.