Welcome to my Maison
sinopse
Igor NON quere atracar unha xoiería. Igor NON está obsesionado cas mans. Igor NON é fan do director Nicolas Winding Refn. Igor NON viste xerseis de nadal. Igor NON é Igor (e isto NON é un falso documental). Welcome to ma maison é unha longametraxe que inicia unha viaxe a Los Ángeles para coñecer ao director Nicolas Winding Refn e, ó non atopar o seu rumbo, camiña cara o interior do seu protagonista percorrendo a difusa liña entre o actor, a persoa e o personaxe. Un documental experimental construído con imaxes reais, sentimentos sinceros e problemas verdadeiros. Un falso documental, rodado a modo de making of, onde todo o que se mostra é 100% real.
FICHA TÉCNICA
- Produción Executiva: Suso López, Andrés Goteira, Laura Doval, Adrián Folgueira, Alberto Díaz
- Produtora: Gaitafilmes en colaboración con Mordisco Films
- Guión: Andrés Goteira, Igor Fernández
- Montaxe: Andrés Goteira
- Cor e formato: Alberto Díaz
- Música final: Bioskope
- Música de fondo: Andrés Goteira
- Operadores de cámara: Nacho Ozores, Lucía C. Pan, Andrés Goteira, Igor Fernández, Félix Brixel
- Director de produción: Suso López
- Axudante de produción: Laura Doval
- Auxiliar de produción: Andrés García
- Axudante de montaxe: Nacho Ozores
- Auxiliares de montaxe: Paula Quiroga, Felix Brixel
- Montaxe de son: Óscar Nieto
- Misturas de son: Javier Pato
- Estudo de son: La Panificadora Estudios
- Márketing e comunicación: Laura Doval, René Ogando
- Deseño: Tania Villaga
- Subtitulado: Pequerrecho Entertainment
CANDIDATURAS XX PREMIOS MESTRE MATEO
- Mellor documental
- Mellor montaxe
