O corpo aberto

sinopse

1909. Miguel, un mestre novo, é destinado a unha pequena vila de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, unha aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos pasionais e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo ao seu redor á vez que crece a súa fascinación pola enigmática Dorinda.

Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño da aldea libera un espírito en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e o dos mortos.

FICHA TÉCNICA
  • Dirección: Ángeles Huerta
  • Guión: Ángeles Huerta, Daniel Domínguez
  • Reparto: Tamar Novas, Victoria Guerra, María Vázquez, Federico Pérez, Nico Elkser, Elena Seijo, Miquel Ínsua, Izan González
  • Música orixinal: Mercedes Peón
  • Dirección de fotografía: Gina Ferrer
  • Dirección de arte: Antonio Pereira
  • Vestiario: Teresa Sousa
  • Xefa de maquillaxe: Raquel Fidalgo
  • Perruquería: Noé Montes, María Barreiro
  • Xefe de son: Jordi Rossinyol
  • Posprodución de son: Diego Staub
  • Montaxe: Sandra Sánchez
  • Dirección de produción: Tamara Soto
  • Produción executiva: Gaspar Broullón, Adrià Monés, Ana Costa
  • Distribución: Filmax
CANDIDATURAS XXI PREMIOS MESTRE MATEO
  • Mellor longametraxe
  • Mellor dirección
  • Mellor dirección de arte
  • Mellor dirección de fotografía
  • Mellor dirección de produción
  • Mellor guion
  • Mellor interpretación feminina de reparto
  • Mellor interpretación feminina de protagonista
  • Mellor interpretación masculina de reparto
  • Mellor interpretación masculina protagonista
  • Mellor maquillaxe e perruquería
  • Mellor montaxe
  • Mellor música orixinal
  • Mellor son
  • Mellor vestiario