Xela Arias. A palabra esgazada (Cap. 1-6)

sinopse
Xela Arias. A palabra esgazada é unha serie documental da Real Academia Galega sobre a poeta, tradutora, editora e profesora á que a institución lle dedica o Día das Letras Galegas 2021. Componse de 6 capítulos breves que percorren distintos aspectos da vida e da obra da autora, afondando nos ambientes que condicionaron a ollada e a escrita de Xela Arias, desde a súa infancia rural en Sarria ata o ambiente urbano de Vigo, próximo á Movida dos 80. A serie conta coa voz de poetas novas galegas para darlles vida ás palabras que deixou escritas a poeta, e que van ganduxando un relato rico en testemuños que trazan os distintos perfís da autora: o máis íntimo, o da editora e tradutora, o da poeta que dialogou con outras artes…
FICHA TÉCNICA
  • Guión: María Yáñez
  • Realización: Damián Varela
  • Cámara: Damián Varela, Fran Rodríguez Casal, Isaura Docampo
  • Edición: Belén G. Ojea, Fran Rodríguez Casal
  • Produción: Andrea Vázquez, Magdalena Barro
  • Música: Cintaadhesiva
  • Comunicación RAG: Iolanda Casal
  • Corrección lingüística: Ana Fachal
  • Produtora: Real Academia Galega e Miramemira S.L.
CANDIDATURAS XX PREMIOS MESTRE MATEO
  • Mellor serie web