Valentina
sinopse
Valentina soña con ser trapecista, pero cre que nunca poderá conseguilo por ter síndrome de Down. A súa avoa —que lle ensina a xogar ao xadrez e un montón de cancións— anímaa sempre a perseverar: se os vermes conseguen converterse en bolboretas, nada é imposible. Nunca debemos perder a ilusión nin as gañas de aprender; mírame a min- di a avoa- eu aínda estou decidida a ser directora de orquestra algún día! Pero Valentina non está moi convencida, pensa que un verme é demasiado noxento para converterse en bolboreta… Como será esa metamorfose da que fala a avoa? Cando se dispón a preguntarllo, Papá e Mamá danlle unha desconcertante noticia: a Avoa foise de viaxe. De viaxe? Sen se despedir?!
FICHA TÉCNICA
- Dirección: Chelo Loureiro
- Dirección artística: Cristina Franganillo
- Producción: Chelo Loureiro, Noa García, Brandán de Brano, Mariano Baratech, Luís da Matta
- Produtora: Abano
- Produción asociada: Antaruxa, El Gatoverde Producciones
- Guión: Lúa Testa, Chelo Loureiro
- Dirección de animación: Archi Viloria
- Deseño gráfico: David Pintor
- Música: Nani García
- Coa participación de: Andrés Suárez, María Manuela, Pilocha, Uxía, Coke Couto, Lúa Testa, Alicia Rábade, Helga Méndez
CANDIDATURAS XXI PREMIOS MESTRE MATEO
- Mellor longametraxe de animación
