Skip to main content

Este xoves cinco rostros populares darán a coñecer as candidaturas finalistas dos #XXMestreMateo no showroom de Cafés Candelas, en Lugo.  Un café entre cinco amigos onde se irán desvelando as obras e os profesionais que competirán por facerse cun premio o vindeiro 19 de marzo.

Cafés Candelas é unha empresa familiar con máis de 40 anos de experiencia no sector do café e, desde 2017 dá apoio a diferentes proxectos audiovisuais vinculando os momentos de café aos momentos de inspiración e creación. Por segundo ano consecutivo colaboran cos Mestre Mateo.

Se queredes compartir este café entre amigos, o evento será emitido a partir das 12.30 horas nas redes sociais da Academia e na Televisión de Galicia.