Skip to main content

A actriz e presentadora Teté Delgado será a encargada de conducir a próxima gala dos Premios Mestre Mateo. 

O presidente da Academia Galega do Audiovisual, Álvaro Pérez Becerra, anunciou este xoves na rolda de prensa do anuncio de finalistas que a actriz ferrolana será a responsable de presentar a vixésimo terceira edición dos premios. 

Pola súa banda, a coreógrafa Marta Alonso dirixirá a gala que leva por lema “o audiovisual en movemento” con guión da actriz Carlota Mosquera e o actor Manolo Cortés. 

Os XXIII Premios Mestre Mateo terán lugar o sábado 15 de marzo en Lalín. É unha iniciativa da Academia Galega do Audiovisual, que se celebrará en Lalín grazas ao apoio da Deputación de Pontevedra, o Concello de Lalín e a Xunta de Galicia.