Sofía Casanova, a obreira do pensamento
SINOPSE
1896. Sofía Casanova chega a Mera (Oleiros), co seu home a as dúas fillas maiores, despois de perder á nena máis nova. Sumida nunha depresión e atravesando unha situación de grave crise afectiva no seu matrimonio, vai irromper na súa vida a que será a súa gran amiga e compañeira por sempre, Josefa López (Pepa), nai solteira de Cecebre que, ademais de facerlle compañía permanente, manterá vivo nela o idioma galego, e axudaralle no coidado das fillas e da propia Sofía con agarimo e complicidade. A historia de Sofía e Pepa é a historia dunha amizade diferente, única, marabillosa: é a historia dunha fascinación mutua que supera as barreiras de clase e educación e todas as diferencias entre os dous personaxes. Hoxe os restos de ambas repousan xuntos en Polonia, no cemiterio da vila de Poznan.
FICHA TÉCNICA
- Dirección: Zaza Ceballos, Noelia Muíño
- Guión: Rosa Castro
- Guións adicionais: Zaza Ceballos
- Música orixinal: Manuel Conde Paz
- Dirección de arte: Antonio Pereira
- Produción executiva: Zaza Ceballos
- Dirección de produción: Lucía Caramelo
- Dirección de fotografía: Alberte Branco (AEC)
- Xefatura de son: Javi Pato
- Axudante de dirección: Jacobo Sáenz-Díez Rosón
- Montaxe: Gerardo Rodríguez
- Deseño de vestiario: Arántzazu Domínguez
- Maquillaxe e caracterización: Raquel Fidalgo
- Peiteado: Noé Montes
- Reparto: Isabel Naveira, Tito Asorey, Olivia Lamas, Valeria Lamas, Paula Cereixo, Nuncy Valcárcel, Blanca Cendán, Lois Soaxe, Ana San Martín, Carlos Villarino, Xosé Esperante, Fran Paredes, Fran Nogueira, Mercedes Castro, Arturo Zas, Tito Refoxo, Francisco Fernández, Carlos Sante
CANDIDATURAS XXI PREMIOS MESTRE MATEO
- Mellor maquillaxe e perruquería
- Mellor vestiario
