Saudade de ti (1-60)

sinopse

A noite en que a vila mariñeira de Abrente celebra as festas do Carme, un accidente de tráfico leva por diante a vida de dúas veciñas. Na arrepiante colisión morren unha moza chamada Uxía e Olga, a coñecida médica da vila. Celia, a filla da doutora, pronto descobre que a morte da súa nai tamén deixou orfos a tódolos doentes de Abrente… e unha morea de incógnitas. As malas linguas comezan a espallar rumores, porque a doutora viaxaba acompañada por un home que non é o seu marido. Quizais non as coñecían como eles crían. A traxedia deixa patas arriba a vida de tres familias, que agora curan as súas feridas mentres tratan de adaptarse ao seu novo día a día. Se poden. En Abrente, o pasado garda moitos segredos e ninguén pode escapar deles. Só é cuestión de tempo que comecen a saír á luz.

FICHA TÉCNICA
  • Produción Executiva: Fernanda Tabarés
  • Produción Delegada TVG: Rosa Sierra, Vanessa Grela, Montse Besada
  • Guión: Sergio Campo, Jacobo Paz, Iria López, Rosa Castro, Roberto G. Méndez, María S. Ferreiro, Iria Sobrado
  • Dirección de produción: Paula Fernández
  • Directores: Ozo Perozo, Giselle Llanio, Manuel A. Espiñeira
  • Rexedores: Manuel A. Espiñeira, Ana F. Torres, Marta Lodeiro, Diego Villar, Germán Tejada
  • Scripts: Mónica Aguiar, Cristina Díaz, Alberto Lobelle
  • Cámaras: Natalio Lorenzo, Hugo Vázquez, Ana Reino, Fernando Ferreiro, Agustín Cerviño, Isaac Ruppen
  • Operadores de vídeo: Moisés Castiñeiras, Stefan Varela
  • Xefe de produción: Abel Diz
  • Director fotografia: Xosé Manuel Neira
  • Directora de arte: Sonia Prol
  • Xefa vestiario: Julia Rodríguez
  • Maquillaxe: Marián Sánchez, Nerea Sánchez
  • Xefe de Son: Alfonso Couceiro, Rubén Bermúdez, Víctor Seixo, Santi Jul, Iván Laxe
  • Posprodución de son: Víctor Seixo, Santi Jul, Iván Laxe
  • Montaxe: Marisol Torreiro, Dani Castro, Enrique Moro, Esther Cid, Loreto Santos, Óscar González, Pablo Muñoz, Carolina Lorenzo, Pablo Paz
  • Reparto: María Tasende, César Cambeiro, Martina Bravo, María Costas, Alfosno Agra, Mayka Braña, Manuel Sanmartín, Fran Nogueira, Carmen Méndez, Adrián Castiñeiras, Fernando Morán, Cristina Andrade, Dani Medín, Alberto Rolán, Paku Granxa, Beatriz Serén, Federico Pérez, Rodrigo Herrero, Sergio Abelaira, Silvia Lorenzo, Salvador del Río, Camila Bossa, Fran Lareu
  • Produtora: Voz Audiovisual SAU e CRTVG S.A.
CANDIDATURAS XXI PREMIOS MESTRE MATEO
  • Mellor serie de TV