Salvaxe, salvaxe
sinopse
«Cheiras iso?» A cámara adéntrase nos montes da Galiza e o norte de Portugal entre murmurios. Para tecer os sinais que deixa a vida salvaxe hai que agudizar os sentidos. Salvaxe, salvaxe rastrexa imaxes e ausencias do lobo ibérico. Atravesa unha historia relacional cargada de mitoloxía popular, sometemento e exterminio e enfróntase a unha historia audiovisual feita de imaxes-simulacro do natural salvaxe. Este ensaio fílmico é un anti-documental de natureza: nel aparecen lobos que devolven a mirada a cámara aterrorizados e humanos que saben ouvear. Todas as criaturas deixamos rastros neste baile coidadoso de rastrexadores rastrexados.
FICHA TÉCNICA
- Dirección: Emilio Fonseca
- Guión: Emilio Fonseca, Xiana do Teixeiro
- Produción executiva: Xiana do Teixeiro
- Dirección de produción: Sabela Mendoza
- Delegado de produción: Jaime Muguruza
- Xefa de produción: Uxía Buciños
- Dirección de fotografía: Emilio Fonseca
- Dirección de arte: Laura Ginés
- Animación: Laura Ginés, Pepon Meneses
- Supervisión FX: Laura R. Iturralde
- Música orixinal: Ángel Faraldo
- Deseño de son: Xoán-Xil López
- Mestura de son: David Machado, La Panificadora Estudios
- Montaxe: Emilio Fonseca
- Etalonaxe: Pablo Cayuela, Laboratorio Numax
CANDIDATURAS XXIII PREMIOS MESTRE MATEO
