Rapa

sinopse

Amparo Seoane, a alcaldesa de Cedeira e a muller con máis poder da zona, é asasinada. Investigar o crime vai converterse nunha obsesión para Maite, sarxento da Garda Civil, e para Tomás, a única testemuña do asasinato. Para Maite, atopar ao asasino é unha obriga, é o seu oficio. Para Tomás, que é profesor de Literatura no instituto e ao que ninguén lle deu voz nin vez, é a oportunidade -posiblemente a última- de vivir unha historia como as que lle apaixona ler, e quizais así poder contala. Ambos abrirán unha investigación que afectará ao conxunto do pobo. Todos, dun modo ou doutro, estaban relacionados con Amparo. Todos tiñan algo que gañar ou que perder coa súa morte.

FICHA TÉCNICA
  • Dirección: Jorge Coira, Elena Trapé
  • Guión: Pepe Coira, Fran Araújo
  • Reparto: Javier Cámara, Mónica López, Lucía Veiga, Eva Fernández, Jorge Bosch, Berta Ojea, Ricardo de Barreiro, Toni Salgado, Santi Prego, Iria Sobrado, Tito Asorey, Adrián Ríos, Mabel Rivera, Víctor Mosqueira
  • Música orixinal: Xavi Font
  • Dirección de fotografía: José Luis Bernal (AEC)
  • Dirección de arte: Marc Pou
  • Vestiario: Alicia Dapena, Lola Dapena
  • Maquillaxe e perruquería: Fanny Bello, Gemma Márquez
  • Son: Juan Gay, Diego Staub
  • Montaxe: Jorge Coira, Gaspar Broullón, Óscar Pardo, Lucía Iglesias
  • Dirección de produción: Ana Míguez
CANDIDATURAS XXI PREMIOS MESTRE MATEO
  • Mellor serie de TV
  • Mellor dirección
  • Mellor dirección de arte
  • Mellor dirección de fotografía
  • Mellor dirección de produción
  • Mellor guion
  • Mellor interpretación feminina de reparto
  • Mellor interpretación feminina de protagonista
  • Mellor interpretación masculina de reparto
  • Mellor interpretación masculina protagonista
  • Mellor maquillaxe e perruquería
  • Mellor montaxe
  • Mellor música orixinal
  • Mellor son
  • Mellor vestiario