Quen anda aí? (599-807)
sinopse
Roberto Vilar, Juan Fuentes e Raquel Atanes acompañan todas as tardes, de luns a venres, a nosa audiencia durante dúas horas e media, nas tardes máis exitosas das canles autonómicas. Os nosos reporteiros especiais percorren Galicia para traer, en directo, as personaxes máis entrañables, as festas e a actualidade que marca o día. Ao noso decorado, renovado a modo de «gran salón da nosa casa», asoman cada tarde os espectadores da TVG. Tomamos o pulso das rúas para falar dos temas que lles preocupan e ocupan aos galegos, con enquisas e reporteiros de campo, que dan voz ás inquedanzas da nosa audiencia.
FICHA TÉCNICA
- Presentadores/a: Roberto Vilar, Juan Fuentes e Raquel Arias
- Directora: Noelia del Río
- Subdirectora: Miriam Parada
- Adxunta dirección Alicia Pedreira
- Realizador: Santi Torres
- Guión: Rubén Lavandeira
- Directoras de produción: Patricia de Orive e Lucía Baleato
CANDIDATURAS XXII PREMIOS MESTRE MATEO
- Mellor comunicador