Quen anda aí?

sinopse

Roberto Vilar, Juan Fuentes, Raquel Atanes, Marcial Mouzo e Eva Iglesias acompañan todas as tardes, de luns a venres, a nosa audiencia durante dúas horas e media, nas tardes máis exitosas das canles autonómicas. Os nosos reporteiros especiais percorren Galicia para traer, en directo, as personaxes máis entrañables, as festas e a actualidade que marca o día. Ao noso decorado asoman cada tarde os espectadores da TVG. Tomamos o pulso das rúas para falar dos temas que lles preocupan e ocupan aos galegos, con enquisas e reporteiros de campo, que dan voz ás inquedanzas da nosa audiencia.

FICHA TÉCNICA
  • Dirección: Noelia del Río
  • Realización: Alberto Moreno
  • Guión: Rubén Lavandeira
  • Dirección de produción: Patricia de Orive
  • Xefe de son: Fran Arcay
  • Presentadores: Roberto Vilar, Juan Fuentes, Raquel Atanes, Marcial Mouzo, Eva Iglesias
CANDIDATURAS XXIII PREMIOS MESTRE MATEO
  • Mellor comunicador