Pipo
sinopse
Berta é unha rapaza de seis anos que vive coa súa nai e co seu irmán pequeno, un cativo de ano e medio que aínda non anda nin fala e ao que chama sempre Mocos. O primeiro día do novo curso escolar, Berta descubre no patio traseiro a Pipo, un extraterrestre que caeu do ceo. Berta decide acollelo no seu cuarto sen saber que Pipo é bastante diferente a ela: ruidoso, desordenado… E cun apetito desbocado que fai que coma practicamente calquera cousa. Pero ademais de moita fame, Pipo ten, tamén, outros moitos secretos. Pipo intégrase na familia e vai descubrindo con sorpresa e curiosidade todos os hábitos dos humanos: desde lavar os dentes ata pelar as laranxas. O mundo cotiá de Berta convértese así no escenario dunha aventura permanente: que fará hoxe Pipo?
FICHA TÉCNICA
- Idea orixinal: Andrés Mahía
- Dirección: Laura Mahía
- Guión: Andrés Mahía
- Son e músicas orixinais: Santi Jul e Iván Laxe
- Dirección de arte: Laura Mahía
- Animación e rigging: Lucía Rodríguez
- Voces: Lidia Veiga, Oswaldo Digón e Lucía Veiga
- Produción: Laura Pazienza Signo
- Produción executiva: Álvaro Pérez Becerra e Andrés Mahía
- Asesoría pedagóxica: Patricia Castrillón
- Produción: Elisa Martínez, Laura Canto, Laura Sixto, Miguel Vázquez e Pablo Goirigolzarri
CANDIDATURAS XXIV PREMIOS MESTRE MATEO
- Serie web
