Pano corado (Tanxugueiras)
SINOPSE
Tanxugueiras presenta Pano Corado, un himno no que as cantareiras reivindican o amor libre e a diversidade. O tema, que forma parte do seu terceiro disco, acompáñase dun colorido videoclip.
Pano Corado nace como unha reivindicación á liberdade e de celebración da diversidade sexual e de xénero. “Queremos normalizar o amor e a vida. Queremos derrubar barreiras. Que cadaquén se sinta libre de amar a quen queira, que cadaquén goce do amor, da vida, de si mesma, da súa sexualidade ou da súa identidade como queira”, apuntan as pandeireteiras, autoras do tema que co-producen xunto a Iago Pico (Pouland Studios).
FICHA TÉCNICA
- Dirección: Trece Amarillo
- Produción: PlayPlan
- Dirección: Diego M. Barcia e Diego Santaclara
- Produtor executivo: Jordi. Lauren
- Directora de produción: Berta Domínguez
- Guión: Trece Amarillo
- Dirección de fotografía: Trece Amarillo
- Foto fixa: Rocío Cibes, Paula Pastoriza
- Edición de vídeo e cor: Diego M. Barcia
- Dirección de arte: Cristina Maqueda
- Maquillaxe e perruquería: Miguel Bling, Ariadna Pazos
- Estilismos: Raúl Rodríguez
- Deseño gráfico: Miguel Duarte
CANDIDATURAS XXI PREMIOS MESTRE MATEO
- Mellor videoclip
