Olaxonmario (95-112)

SINOPSE
Olaxonmario é a canle de YouTube creada polo comunicador e publicista Mario Brión Toucedo. Nesta trátase todo o referentes a cultura e lingua galega desde unha óptica contemporánea e cun característico enfoque retranqueiro. Desde o humor e a comicidade, trátase de divulgar o coñecemento da nosa lingua, os seus problemas socio-lingüísticos así como as de outras minorías culturais do mundo e as súas semellanzas coa nosa situación. Todo isto levase a cabo a través de pezas audiovisuais que van desde a pura divulgación, entrevistas ou o comentario crítico de obras que atinxan a cultura galega contemporánea.
FICHA TÉCNICA
  • Produción, dirección, realización e guión: Mario Brión Toucedo
CANDIDATURAS XXI PREMIOS MESTRE MATEO
  • Mellor comunicador