O silencio herdado

sinopse

BLUCÍA (27) achégase á súa avoa EDILIA (86) buscando respostas, pero só atopa silencio. O silencio de EDILIA é longo, de raíces profundas. Un silencio escuro, doloroso, imposible de romper. Cando LUCÍA entende que EDILIA nunca lle dará as respostas que busca, decidirá mirar ese silencio, escoitalo con paciencia e determinación, tratando de comprendelo. EDILIA, talvez querendo, talvez sen querer, acompañaraa. Xuntas exploran os límites da palabra e da imaxe, facendo dese silencio o seu lugar de encontro.

FICHA TÉCNICA
  • Dirección: Lucía Dapena González
  • Guión: Lucía Dapena González e Liliana Díaz
  • Produción executiva: Paulina Martínez, Suso López, Matheus Mello
  • Dirección de produción: Paulina Martínez, Matheus mello
  • Imaxe: Lucía C. Pan, Lucía Dapena
  • Montaxe: Juan Soto Taborda, Liliana Díaz
  • Son directo: Eloy Táboas
  • Deseño sonoro: La Panificadora Estudios
  • Etalonaxe: Martí Somoza
  • Composición musical: Alejandro da Rocha

 

CANDIDATURAS XXIV PREMIOS MESTRE MATEO
  • Documental