O gran Camiño. Grandes rutas a pé do mundo (5-8)
sinopse
Unha parella galega percorre as grandes rutas a pé do mundo nunha aventura a través de desertos, selvas tropicais, alta montaña, paraísos naturais, marabillas do mundo e monumentos Patrimonio da Humanidade. Nestes grandes camiños coñeceremos diferentes pobos indíxenas, tribus beduínas e grandes historias de superación que nos farán dar a volta ao planeta camiñando a través de historias universais. Este programa producido íntegramente desde Galicia está xa en emisión en máis de 30 países en todo o mundo e foi grabado en Xordania, Costa Rica, Xapón, Estados Unidos, Perú, Grecia, Turquía e España.
FICHA TÉCNICA
- Dirixe: ALBA PROL CID, RAÚL GARCÍA
- Produce: METEÓRICA CINE, ALBA PROL CID & RAÚL GARCÍA
- Produción: ALBA PROL CID e RAÚL GARCÍA
- Dirección de fotografía:
- RAÚL GARCÍA
- ALBA PROL CID
- JAIRO IGLESIAS
- Edición e postprodución: RAÚL GARCÍA
- Estudio de son: LA PANIFICADORA ESTUDIOS
- Son:
- DAVID MACHADO
- JAVIER PATO
- ALBA PROL
- RAÚL GARC
CANDIDATURAS XXII PREMIOS MESTRE MATEO
- Mellor programa
- Mellor realización