O corpo de Cristo

sinopse

Adela, unha muller cun trastorno mental non diagnosticado, busca alivio en rituais populares. Incomprendida pola súa familia e por un sistema médico que lle ofrece a medicación como único remedio, vive convencida de que alguén —ou algo— a observa. Ás veces, sente a súa presenza: tócaa, faille dano e déixaa prostrada na cama durante días. A única comprensión que atopa está na relixión, o que a leva a visitar a un curandeiro e confesar a inquietante orixe do seu sufrimento.

FICHA TÉCNICA
  • Dirección de guión: Bea Lema
  • Produción executiva: Iván Miñambres, Chelo Loureiro
  • Música: Paloma Peñarrubia
  • Dirección de animación: M. Carmen Cambrils
  • Dirección de arte e bordados: Bea Lema
  • Dirección de produción: Iván Miñambres
  • Supervisión de clean up: M. Carmen Cambrils
  • Supervisión de cor: Uxue Artetxe
  • Supervisión de composición dixital: Joseba Hernández
  • Montaxe: Estanis Bañuelos, Paloma Peñarrubi
CANDIDATURAS XXIV PREMIOS MESTRE MATEO
  • Curtametraxe de animación