O corpo aberto
sinopse
1909. Miguel, un mestre novo, é destinado a unha pequena vila de montaña na fronteira entre España e Portugal: Lobosandaus, unha aldea inhóspita e de tradicións ancestrais. É un home de razón, pero non pode controlar os seus desexos pasionais e, conforme se achega o inverno, sente como a escuridade se apodera de todo ao seu redor á vez que crece a súa fascinación pola enigmática Dorinda.
Nun lugar dominado pola superstición, a estraña morte dun veciño da aldea libera un espírito en busca dun corpo que lle permita seguir coa súa existencia, que levará a Miguel a cuestionar os límites entre o mundo dos vivos e o dos mortos.
FICHA TÉCNICA
- Dirección: Ángeles Huerta
- Guión: Ángeles Huerta, Daniel Domínguez
- Reparto: Tamar Novas, Victoria Guerra, María Vázquez, Federico Pérez, Nico Elkser, Elena Seijo, Miquel Ínsua, Izan González
- Música orixinal: Mercedes Peón
- Dirección de fotografía: Gina Ferrer
- Dirección de arte: Antonio Pereira
- Vestiario: Teresa Sousa
- Xefa de maquillaxe: Raquel Fidalgo
- Perruquería: Noé Montes, María Barreiro
- Xefe de son: Jordi Rossinyol
- Posprodución de son: Diego Staub
- Montaxe: Sandra Sánchez
- Dirección de produción: Tamara Soto
- Produción executiva: Gaspar Broullón, Adrià Monés, Ana Costa
- Distribución: Filmax
CANDIDATURAS XXI PREMIOS MESTRE MATEO
- Mellor longametraxe
- Mellor dirección
- Mellor dirección de arte
- Mellor dirección de fotografía
- Mellor dirección de produción
- Mellor guion
- Mellor interpretación feminina de reparto
- Mellor interpretación feminina de protagonista
- Mellor interpretación masculina de reparto
- Mellor interpretación masculina protagonista
- Mellor maquillaxe e perruquería
- Mellor montaxe
- Mellor música orixinal
- Mellor son
- Mellor vestiario
