Skip to main content

O vindeiro xoves 10 de febreiro anunciaranse as candidaturas finalistas da vixésima edición dos Premios Mestre Mateo, á que se presentaron 475 candidaturas profesionais e 162 obras estreadas en 2021.

Entre o 10 e o 31 de xaneiro as académicas e académicos elixiron cos seus votos as finalistas en cada unha das 25 categorías.

Na presente edición dos Mestre Mateo presentáronse 19 anuncios publicitarios, 29 curtametraxes, 28 documentais, 8 longametraxes, 32 programas de TV, 5 series de TV, 14 series web e 27 videoclips.