Nuno
sinopse
Nuno ten un ano e poucos meses e vive comodamente cos seus pais. Son unha familia común e feliz, pero hai unha expectativa flotando no aire: Nuno está na idade de botar a falar. Os seus pais, cando falan entre eles, din cousas como «o neno está esperto?» ou «pásame o body». Sen embargo, cando se dirixen a el, as súas palabras cambian de xeito misterioso: «aih mi niño, que ya despertó!» ou «despertastes, mi vida?». Nuno sabe que ten que botar a falar, pero non sabe de que forma. De momento vai agardar un pouco, a ver se os seus pais se aclaran.
FICHA TÉCNICA
- Dirección, Produción e Animación 2D e Compositing: Antía Iglesias
- Arte 3D e Deseño de Son: Martín Fdez. Joga
- Música Orixinal: Dani Cornes
- Guion: Antía Iglesias e Martín Fdez. Joga. Baseado nun relato do libro “Made In Galiza” de Séchu Sende.
CANDIDATURAS XXIV PREMIOS MESTRE MATEO
- Curtametraxe de animación
