Nosoutras

sinopse

Que pintora surrealista galega era admirada por Warhol? Quen tivo a idea de facer as xoias de porcelana de Sargadelos? Quen lle daba indicacións a un Castelao con graves problemas de visión para debuxar? Presentado e interpretado por Isabel Garrido, Nosoutras é un espazo no que achegarse desde o humor, a curiosidade e a admiración a aquelas referentes da nosa cultura que non aparecen moitas veces no imaxinario colectivo polo feito de ser mulleres

FICHA TÉCNICA
  • Dirección: Amara Fontao, Andrés Mahía
  • Guión: Amara Fontao
  • Actriz: Isabel Garrido
  • Realización: Jairo Iglesias
  • Dirección de fotografía: Pedro Tizón
  • Dirección de arte: Sarai Reboiras
  • Deseño gráfico: Laura Mahía
  • Son: Santi Jul, Iván Laxe
  • Dirección de produción: Javi Lopa, Álvaro Pérez Becerra
  • Xefa de produción: Laura Canto
  • Axudante de produción: Laura Sixto
  • Maquillaxe e perruquería: Mireia García
CANDIDATURAS XXIII PREMIOS MESTRE MATEO
  • Mellor programa
  • Mellor realización