Nena

SINOPSE

Unha familia de cinco vese cambaleada pola morte dunha muller: nai, esposa, nora, cuñada… Unha situación que desestrutura o núcleo familiar e deixa a responsabilidade do mesmo a unha nena de doce anos de idade. Un avó curtido noutra época e máis preocupado polos cartos que polo afecto. Un tío cun grande corazón de neno, mais cunha discapacidade intelectual que o converte en dependente nun sinfín de situacións. Un pai destrozado por un loito permanente e refuxiado na bebida como escape á propia realidade. Unha nena. Unha adolescente que acaba por converterse na figura ausente, esa muller piar da unidade familiar, mais con tan só doce anos de idade. Unha nena que, ante a falta de capacidades ao seu redor, asume un rol imposto e leva as súas costas a supervivencia de tres homes. A pasividade destas tres figuras só mudará ante a marcha da adolescente. Un desenlace que deixa desamparados a tres homes baixo un mesmo teito. Un punto de inflexión sobre o que actuar para traela de volta.

FICHA TÉCNICA
  • Director: Xosé A. Touriñán e Jairo Iglesias
  • Produción executiva: Xosé A. Touriñán e Alberto Díaz
  • Guión: Xosé A. Touriñán
  • Intérpretes: Antía Touriñán, Xosé A. Touriñán, Carlos Blanco, David Perdomo, Noemi Rodríguez, Patricia Castrillón, Andrés Touriñán, Sergio Zearreta, AndrésMahía, Rubén Prieto e Octavio Villazala
  • Director de fotografía: Pedro Tizón
  • Directora de arte: Tania Villaga
  • Montaxe: Vanessa García Sampedro
  • Música: Belém Tajes
  • Dirección de produción: Álvaro Pérez Becerra e Javi Lopa
  • Xefe de produción: Miguel Vázquez
  • Axudante de dirección: Isabel Escrigas
  • Son: Santi Jul
  • Maquillaxe e perruquería: Pilar Rodríguez
  • Vestiario: Raquel Iglesias
CANDIDATURAS XXII PREMIOS MESTRE MATEO
  • Mellor curtametraxe