Na gloria

sinopse

Pati, unha alta executiva en plena crise existencial, decide darlle un cambio radical á súa vida e establécese en A Gloria de Arriba, unha pequena localidade galega preto do Camiño Francés. O seu obxectivo é converter a vella casa dos avós nun establecemento hostaleiro destinado ós peregrinos que comunguen co naturismo, a busca do equilibrio interior e o crecemento espiritual. Para levar a cabo o seu soño conta con Bertín, o seu mellor amigo que é tamén un estrito chef vegano de fama internacional. A Gloria de Arriba sempre foi o lugar máxico dos veráns da infancia, o sitio no que a natureza e a vida pausada da xente enchían de sentido a existencia. Agora Pati quere recuperar esas sensacións e compartilas con todos os camiñantes que busquen descanso no seu idílico oasis de paz. Pero non vai tardar en descubrir que os cálidos días de verán non duran todo o ano, que o camiño espiritual dos peregrinos ten ben pouco de espiritual, que Bertín non só é estrito co veganismo e, sobre todo, que a convivencia coas xentes sabias e pausadas do rural é máis estresante que a do competitivo mundo dos negocios ao que acaba de renunciar. O inferno que atopará Pati en A Gloria ten caras e nomes: señoras que o queren saber todo, habituais da taberna que presumen de sabelo todo, un matrimonio interesado e argallador (Paca e Waldo), un vello revirado e supostamente inválido e, por riba de todos, Lolo, un castrón que a fai tolear en todos os sentidos, para ben e para mal, para a súa desgraza e felicidade.

FICHA TÉCNICA
  • Produción executiva: Manuel López, Xosé A. Touriñán, Álvaro Pérez Becerra
  • Dirección: Andrés Mahía
  • Guión:Andrés Mahía, Xosé Castro
  • Realización: Jairo Iglesias
  • Dirección de produción: Javi Lopa
  • Axudante de dirección: Isa Escrigas
  • Coordinadora de produción: Laura Canto
  • Xefe de produción: Miguel Vázquez
  • Axudantes d produción: Belén Piñeiro, Andrés Caride
  • Son: Santi Jul, David Lagares
  • Sonidistas: David Lagares, Borja Freire
  • Dirección de fotografía: Pedro Tizón
  • Axudante de cámara: Antón Maceira
  • Dirección de arte: Tania Villaga
  • Vestiario: Ana López
  • Maquillaxe e perruquería: Susana Veira, eatriz Antelo
  • Montaxe: Vanessa García
  • Foto fixa: Aigi Boga
  • Músicos: Santi Jul, Iván Laxe
  • Reparto: Cristina Castaño, Lucía Veiga, Xosé A. Touriñán, David Perdomo. Dani Rovira, Ana Santos, María Costas, Víctor Mosqueira
CANDIDATURAS XXIII PREMIOS MESTRE MATEO
  • Mellor interpretación feminina protagonista