Motel Valkirias (1-8)
sinopse
Nun motel transfronteirizo, a vida de tres mulleres con graves problemas económicos e persoais crúzase, de maneira fortuíta, cando descobren que Elixio, un cliente do motel, transporta unha mercadoría moi valiosa. Así é como Lucía, unha nai separada que foxe do seu exmarido, Eva, unha actriz en declive e Carolina, a dona do motel en bancarrota, se unen nun plan que podería solucionarlles a vida: roubar un botín. O que non saben estas tres mulleres é que a súa vida corre perigo porque a misteriosa mercadoría pertence a unha perigosa banda que se dedica ao branqueo de cartos e que, Luís Castro, a man executora, non dubida en ir tras elas para recuperar o que é seu, custe o que custe.
FICHA TÉCNICA
- Produción Executiva: Ghaleb Jaber, Xosé Arias, José Amaral
- Reparto: María Mera, Maria João Bastos, Marina Mota, Chechu Salgado, Valeria Lamas, Miro Magariños, Jorge Vaz Gomes, Josito Porto, Machi Salgado, Alba Loureiro, Miguel Mateus, Vicente Mohedano, Rui Neto, Emílio Gomes, Miguel Santiago.
- Guión: Ghaleb Jaber, Raquel Arias, Alba Araújo, José Manuel Gancedo, Patrícia Müller
- Dirección de produción: Concha Fontenla, João Santana
- Dirección de fotografía: Sergio Franco, Paulo Castilho
- Dirección de arte: Cypress Cook
- Construción de decorados: Ángel Amaro
- Son: David Machado, Javi Pato, Sérgio Silva
- Deseño de vestiario: Saturna
- Xefa de maquillaxe: Olga José
- Xefa de peiteado: Pilar Rodríguez
- Música orixinal: Adrián Costa
- Axudante de dirección: Germán Tejada
CANDIDATURAS XXII PREMIOS MESTRE MATEO
- Mellor serie de TV
- Mellor dirección de arte