Mataría microserie (Cap. 41-49)
sinopse
Nunca pensaches en matar a esa \»repugnantiña/o\» que che fai a vida imposible? A típica persoa que fai ruídos mentres come, a que che destripa a película antes de vela ou a que che deixa pasar insistentemente no paso de cebra. Pois o protagonista de “Mataría” cumpre este desexo inconfesable que todas e todos temos. Pedro, un antihéroe anónimo, afronta dunha maneira desmesurada os problemas deste primeiro mundo, pequenas crises cotiás ás que lle damos moitas veces excesiva importancia. O personaxe central da serie “asasina” das maneiras máis insospeitadas a todas esas persoas que nos alporizan no día a día.
FICHA TÉCNICA
- Produtora: DINAMO Producións, Javi Sega Producciones.
- Creada por: Javier Seoane, Pedro Brandariz
- Produción: Eli Monteagudo, Jesús Martínez
- Guión: Javier Seoane, Pedro Brandariz, Ángela Triana
CANDIDATURAS XX PREMIOS MESTRE MATEO
- Mellor serie web
