Lume
sinopse
Lucía, unha xornalista que vive en Lisboa, regresa á súa aldea natal en Seara, situada na Raia Seca, para cubrir un gran incendio forestal que arrasa parte de Galicia e Portugal. Este retorno remexe o pasado, pois Lucía é filla de Afonso, acusado dun incendio en 1997 no que morreu un neno. Afonso foi encarcerado e acabou suicidándose, pero Lucía está convencida da súa inocencia. Durante a súa investigación, descobre unha trama de especulación de terras queimadas e proxectos eólicos que involucra autoridades locais e empresas internacionais. Mentres loita por desvelar a verdade, tamén debe enfrontarse aos prexuízos dos seus veciños e a un profundo conflito familiar.
FICHA TÉCNICA
- Reparto: Cristina Castaño, Albano Jerónimo, Isabel Naveira, Lúcia Moniz, David Rodríguez, Grial Montes
- Dirección: Giselle Llanio
- Guión: Irene Basanta Pin
- Dirección de fotografía: Joao Ribeiro
- Composición de música: Carme Rodríguez
- Montador: Fernando Alfonsín
- Dirección de arte: Ángel Amaro
- Xefe de son: Carlos Mouriño
- Figurinista: Alicia Beatriz Fernández Dapena
- Xefa de caracterización: Magali Santana
- Axudante de dirección: Cesário Monteiro
- Dirección de produción: Sérgio Baptista
- Xefe de produción: Aitana Fuentes
- Axudante de produción: Cristina P. Sobrín
- Maquillaxe e perruquería: Magali Santana
- VFX: Jon Serrano Servan
- Operador de son: Miguel Ângelo Moita
- Microfonista: Ricardo Sousa
CANDIDATURAS XXIV PREMIOS MESTRE MATEO
- Intepretación feminina de reparto
