Luar
sinopse
O Luar do 12 de setembro de 2025 foi un programa moi especial. O programa de entretemento máis lonxevo da televisión en España regresou cunha gran gala de presentación da temporada da Galega. Pola alfombra vermella desfilaron actores, actrices, presentadores e xornalistas da Televisión de Galicia e da Radio Galega, dándolle así a benvida oficial á grella de outono da canle pública. Na estrea da 34ª temporada de Luar, presentado Xosé Ramón Gayoso e a xornalista e influencer Aitana del Mar, a canle reuníu as grandes figuras da TVG para avanzar os contidos deste outono. Entre estas, a serie ‘O home perfecto’; os programas ‘Bailamos Celebrity’, ‘Casamos!’ ou ‘A miña gran cidade’ e o concurso ‘Eu sei + ca ti’; así como os magazines ‘O Termómetro’, ‘Quen Anda Aí?’ e ‘Hora Galega’. Moitos dos seus protagonistas subiron ao escenario para celebrar a nova temporada e a estrea deste Luar renovado. Tamén asistiron as novas caras dos Informativos e Deportes da TVG e as voces que acompañan cada día a audiencia desde a Radio Galega. Luar renovouse para esta temporada con novos contidos e novo estudio, en que o verde flúor é o protagonista, nova imaxe gráfica e unha cabeceira histórica reinventada: a versión remix de ‘Pousa, pousa’.
FICHA TÉCNICA
- Presentador: Xosé Ramón Gayoso e Aitana del Mar
- Dirección: Xosé Ramón Gayoso e Manolo Abad
- Guión: Marisela Simón Casal, Raquel González Fernández, Raquel González Fernández, Josefina Torres Pereiro, Miguel Cuervo Pérez
- Produción: María Ángeles Corral Fontán, Sandra Domínguez Villanueva, Marcos Gómez Morado
- Relacións públicas: Elena Palleiro Tuñas
- Maquilladora: Montserrat Elvira Gallego Pereira, Ana Iglesias Souto
- Cámaras: José Carlos Abal Lobato, José Luís Álvarez Álvarez, Iván Castro Ordóñez, Juan José Baena Gey, Francisco Javier Martínez Suárez, Roberto Pérez Vila
- Técnico de iluminación: Antonio Fernández Comesaña Iluminador: Antonio Luís Sanjorge López
- Realizadora: Carola Prego Grueiro
- Axudante de realización: Pablo José González González
- Son: José Manuel Dos Anjos Ramírez, Iago Baleirón Rodríguez
CANDIDATURAS XXIV PREMIOS MESTRE MATEO
- Comunicador
