O vindeiro martes 7 de febreiro coñeceremos as finalistas dos XXI Premios Mestre Mateo desde o Museo Estrella Galicia. Os académicos Esther Estévez, Iolanda Muíños e Xosé A. Touriñán serán os encargados de desvelar cales son as candidaturas que competirán por alzarse cun trofeo na gala do vindeiro 11 de marzo.
O anuncio será emitido en directo a partir das 17:00 horas na nosa conta de Instagram @academiagalegaa.