O vindeiro xoves 10 de febreiro coñeceremos as finalistas dos XX Premios Mestre Mateo, nun formato de evento diferente ao de edicións anteriores que celebraremos no showroom de Cafés Candelas, en Lugo. Nos vindeiros días daremos a coñecer máis información sobre este novo formato e tamén sobre os cinco rostros populares que irán desvelando cales son as candidaturas que competirán por alzarse cun trofeo na gala do 19 de marzo.
A partir das 12:30 horas será emitido en directo na nosa conta de Instagram @academiagalegaa.