Las estrellas del camino – Miradas de resistencia
sinopse
1492. Entre a tripulación de Cristóbal Colón viaxan tres homes que xa deberían ter morto. Conseguiron evitar as súas condenas participando nesta incerta viaxe, pero ao chegar ás Illas Canarias, foxen cargados cunha das velas da embarcación. Mentres, no Vello Mundo, unha muller trata de salvar á súa irmá moribunda, coa esperanza de que unha curandeira poida axudala. Ambas viaxes tratan de burlar á morte. Ambas as viaxes están a mercé do tempo e da Historia.
FICHA TÉCNICA
- Cliente: Estrella Galicia
- Responsable Cliente: Goretti Castro
- Agencia: Aupa!
- Produtora: Kaito Estudios
- Realizador: Fran X. Rodríguez
- Produtor executivo: David Mon
- Director de fotografía: Iago Vilariño
- Operador de cámara: Iago Vilariño, Iago Quintas
- Posprodución: Martín Gamarra
- Edición: Martín Gamarra, Xaime Miranda
- Son: Borja Freire
- Fotógrafo: Iago Vilariño
CANDIDATURAS XX PREMIOS MESTRE MATEO
- Mellor anuncio publicitario
