Historia que nos impulsa

sinopse

As vitorias deportivas son para sempre. Primeiro son alegrías (non hai alegría máis pura que a alegría do gol), despois son festas, orgullosas celebracións. Avanzan logo cara os recordos alegres que se festexan nos aniversarios e pouco a pouco van adquirindo a pátina dos relatos. Primeiro o estilo dos contos felices e máis tarde, a arquitectura narrativa das grandes historias. E tras un tempo de maduración, nacen as narracións máis grandes de todas: as lendas. As historias que saltarán xeracións e que quedarán prendidos para sempre, xa non na memoria das persoas que as viviron, se non na imaxinación dos seus fillos, na propia identidade do club, da cidade.

FICHA TÉCNICA
  • Realización: Jairo Iglesias
  • Produción: Laura Canto
  • Posprodución de son: Iván Laxe, Santi Jul
CANDIDATURAS XXIV PREMIOS MESTRE MATEO
  • Anuncio publicitario