Hi, my love (Sabela)
sinopse
O videoclip de ‘Hi, My Love’ serve de transmisión visual das emocións que transmite a canción. Nun claro aceno á unión do movemento coa música, a introdución do baile é un alicerce fundamental da peza. Mediante as bailarinas, preténdese amosar a visceralidade sobre a que xira a letra do tema, á par que buscar ese contraste entre a tradición e a vangarda, que está moi presente na composición melódica do mesmo. Os bailes contemporáneos salpicados por elementos de baile tradicional son o conduto visual que conecta á perfección coa música de Sabela, na que tamén combina a música electrónica vangardista con elementos musicais tradicionais.
FICHA TÉCNICA
- Dirección: Paula Pereira
- Fotografía: Lucía C. Pan
- Axudantes de cámara: Juan Ramil, David Porto
- Eléctrico: David Porto
- Dirección de arte: Eva F. Pereira
- Montaxe: Paula Pereira, Emma Orio
- Colorista: Leticia T. Blanco
- Compañía de danza: Cali Danza
- Coreógrafa: Alba Felpete
- Bailarinas: María Ferrer, Irma López, Carla Mosteiro, María Pichín, Iria Rivas, Marina Rojas, Amparo Silva, Ariadna Vázquez
- Produción Cali Danza: Emilio Mesías
- Produción executiva: PlayPlan, Sabela Ramil
- Produción global: PlayPlan, TreceAmarillo
- Vestiario: Vintage & Coffee
CANDIDATURAS XXIII PREMIOS MESTRE MATEO
- Mellor videoclip
