Hematofesti 2025 – Festival de humor e literatura infantil

sinopse

Nun universo pixelado ao estilo dos videoxogos retro de Atari, unha explosión das luces de Nadal transforma ao mítico Dinoseto de Vigo nun “Godzilla”. Percorre a cidade sementando o caos e a diversión mentres recolle os iconos do Hematofesti —humor, música, literatura infantil—. A súa aventura culmina cando se reúne cos seus dinosetiños no gran espectáculo final: o Hematofesti 2025, festival de humor e literatura infantil en memoria do Hematocrítico.

FICHA TÉCNICA
  • Produción: Manu Viqueira
  • Dirección, guion, arte, animación, VFX e montaxe: Manu Viqueira
  • Arte e animación: Isabel Vila
  • Deseño de persoaxe: Alberto Vázquez
  • Música: death.whistle
CANDIDATURAS XXIV PREMIOS MESTRE MATEO
  • Anuncio publicitario