Ferido (O Xoán)
sinopse
Tras unha ruptura amorosa, O Xoán esperta ferido e só nunha praia. Dende alí, os recordos fragmentados da relación comezan a perseguilo nun espazo liminal da memoria, onde todo se descompón e se disolve. Afundido entre lembranzas e visións, o mundo real e o interior confúndense ata levalo cara a un bosque simbólico: un lugar de tránsito e sanación. Alí, unha comunidade de seres tamén feridos acólleo nun aquelarre festivo e curativo. Cada un entregan ao rito o seu corazón ferido —o butelo—, símbolo do corazón arrincado e da ferida curada. Nese ritual, o butelo convértese nun corazón común: un lume novo que une, que cura e que celebra a beleza de seguir existindo.
FICHA TÉCNICA
- Dirección: Irene Montes
- Guión: Xoán Fórneas
- Composición Musical: Xoán Fórneas
- Produción Musical: Pau Corea e Xoán Fórneas
- Enxeñeiro de Son: Eloy Vidal
- Produción executiva: Fran Fórneas
- Dirección de produción: Xoán Fórneas, Irene Montes
- Xefe de produción: Manuel Expósito
- Coordinadora de produción: Reyes Penelas
- Dirección de fotografía: Pivot García
- Axudante de cámara: Antón Maceira
- Dirección de arte: Tania Villamarín
- Axudante de arte: Reyes Penelas
- Xefe de vestiario: Sergio Marey
- Xefa de maquillaxe: Chicha Blanco
- Foto fixa: Sabela Eiriz
- Making of: Jonathan Mera
- Reparto: Xoán Fórneas, José Agra, Isabel Garrido, Josefa López, Andrés Vázquez, Hugo Buide, Consuelo Lamela, Luk Pérez, Eva Legaspi, Alba López, Raquel Legaspi, Ana Belén Veiga, Dorinda Legaspi, Alfonso Legaspi, María Fernández, Miguel Carballo, Sara González, Paula Seoane, Sergio Marey
- Montaxe: Irene Montes
- Coreografía: David Freire
CANDIDATURAS XXIV PREMIOS MESTRE MATEO
- Videoclip
