Eu vou comigo

sinopse

A Elisa gústalle Martín, pero parece que Martín non se decata. Todos os consellos que Elisa recibe para que Martín se fixe nela, pasan por cambiar non só o seu aspecto, senón quen é en realidade. Estará disposta a renunciar a ser ela mesma para conseguilo? Pagará a pena?

FICHA TÉCNICA
  • Dirección e guión: Chelo Loureiro
  • Produtora: Abano Producións S.L.
  • Intérpretes: Ana Portela, Uxía Castro
  • Produción executiva: María Barro
  • Dirección de produción: Ana Fernández
  • Son: Nani García, Javier A. Ferreiro
  • Música: Nani García
CANDIDATURAS XXIII PREMIOS MESTRE MATEO
  • Mellor curtametraxe de animación