Un ano máis celebramos e recoñecemos o traballo de tódolos membros do noso sector que forman parte da nosa industria cos XII Premios Mestre Mateo.
- CALENDARIO XERAL XII PREMIOS MESTRE MATEO (PDF)
- BASES XII EDICION PMM (PDF)
- list_ok (PDF)
- listado_definitiv XIIPMM (PDF)
- Finalistas XII Mestre Mateo (PDF)
- Gañadores dos XII Premios Mestre Mateo (PDF)
- Inscricion documentais,series web,curtas,anuncios publicitarios, videoclips (DOC)
- Inscricion longametraxes, documentais, series de TV, Prog TV (DOC)
A gala tivo lugar o 12 de abril de 2014, nesta ocasión no Auditorio Gaviota de Palexco, en A Coruña, coa presentación de Roberto Vilar que codirixiu xunto a Giselle Llanio e co guión do propio Vilar e Manolo Cortés. Nesta duodécima edición dos premios a gala foi un encontro co público que se atopa nas súas casas e que ve e consume os produtos que produce a industria. Isto logrouse coa interacción dunha familia anónima que durante todo o evento interactuou co presentador, opinou e mesmo entregou unha das 26 estatuíñas que se repartiron.
Un dos momentos máis destacados foi a presenza de Susana Dans, Mabel Rivera, Alfonso Agra, Ricardo de Barreiro, Rosa Álvarez, Guillermo Carbajo, Blanca Cendán, Ernesto Chao, Xavier Estévez e Lucía Regueiro para homenaxear ao actor e expresidente da Academia, Xosé Manuel Olveira “Pico”. Ao tema “La golondrina” da película “Os mortos van a presa” interpretado polo propio Pico, uníronselle as voces en directo dos seus compañeiros.
Outra das sorpresas da noite veu da man do vídeo homenaxe ao 25 aniversario da estrea simultánea das tres primerias películas galegas, “Urxa”, “Continental” e “Sempre Xonxa”.
O espectáculo estivo amenizado en directo coa Gaos Big Band que interpretou tódalas músicas da gala, cuxo pianista Paco tiña presa por marchar a coller un avión e tocou unhas notas para indicar aos premiados que se tiñan excedido no tempo de agradecementos. Ademais a entrega de premios transcorreu coa participación de diferentes artistas e técnicos convidados como Javier Rey, Sabela Arán, Estíbaliz Veiga, Xosé Barato, Moncho Lemos, Lorena Pose, Fernando Tato, Yelena Molina, Jorge Mira, Sonia Méndez, Mara Sánchez, Alex Carro, David Amor, María Mera, Pela del Álamo, Diana Nogueira, Susana Seivane, Xosé Lois Bernal “Farruco”, Lucía Regueiro, Manuel San Martín, Dani Domínguez, Ledicia Sola, Xabier Villaverde, Uxía Blanco e Ernesto Chao.
Pola súa banda, o Premio de Honra “Fernando Rey” que este ano recolleu Manolo González, foi entregado por máis dunha vintena de amigos,compañeiros e ex-alumnos que o quixeron arroupar nesta noite de recoñecemento o seu labor.