Curmán
sinopse
Antón viaxa á aldea dos seus avós para recibir a súa primeira comuñón. Alí, mentres celebra coa súa familia este día tan especial, unha nova maneira de mirar o mundo que o rodea comezará a tomar forma dentro del, levándoo a vivir unha experiencia que marcará para sempre a súa traxectoria vital como individuo, como curmán e como fillo de Deus.
FICHA TÉCNICA
- Dirección: Alejandro Jato
- Reparto: Xurxo Quejo, Brais Sixto, Melania Cruz, Denís Gómez, Susana Sampedro, Alba Blanco, Machi Salgado
- Produción executiva: Alejandro Jato, Elena Mansinho
- Dirección de fotografía: Alicia Francés
- Dirección de produción: Elena Mansinho
- Dirección de arte: Tania Villaga
- Maquillaxe e peiteados: María Illobre
- Música orixinal: Nico Casal
- Montaxe: Alba Domínguez
- Deseño de son: David Machado, Javier Pato
CANDIDATURAS XXIV PREMIOS MESTRE MATEO
- Curtametraxe
