Cos pés na terra

sinopse

Cos pés na terra é unha serie sobre xente que tomou unha singular decisión vital: facer do rural o seu futuro. Falamos de homes e mulleres sobradamente preparados que, podendo elixir, optan por vivir da terra e da vida que nela agroma. Coñecen o mundo urbano, poderían escoller outros oficios, outras carreiras, pero se decidiron por un xeito de vivir a un ritmo e cun estilo distintos dos da cidade. Falamos de bos profesionais, de persoas que non tomaron a súa decisión á lixeira ou por puro romanticismo. Son agricultores, gandeiros, artesáns, madeiristas, hostaleiros… con bos argumentos para crer que hai futuro no campo. E procuran demostralo cada día. En cada capítulo de Cos pés na terra contamos con tres protagonistas. Combinamos a historia e a vida cotiá dos tres, homes e mulleres, escollidos en función do contraste que presentan entre si: o que vive só e o que ten familia numerosa; o que recupera labores e produtos tradicionais co que innova ou opta polo exótico; o prudente e o botado para adiante; o novato e o experto; o que ten a cidade a un paso e o que vive lonxe de todo.

FICHA TÉCNICA
  • Dirección e guión: Diego Guerrero
  • Música orixinal: Alexandre Slagueiro, Marcos Payno
  • Idea orixinal: Pepe Coira
  • Produción executiva: Carlos Fernández, Laura Fernández, Inmaculada Castaño
  • Co-produción executiva: Jesús Vecino
  • Produtora delegada TVG: Vanessa Grela
  • Xefa de produción: Susana Martínez
  • Axudantes de produción: Breixo Llano, Borja Casal, Diana Piñeiro
  • Realización: Diego Guerrero, Marcos Estebo, Breixo Llano
  • Imaxe: Fernando Dans, Santiago del Moral, Alejandro Goris
  • Montaxe e posprodución: Erica Ceñera, Roi de la Fuente, Hadrián Iglesias
  • Grafismo: Manuel Silva
  • Sonorización: Fran Arcay
CANDIDATURAS XXIII PREMIOS MESTRE MATEO
Mellor programa