Cortello Club. Campaña contra a trata
sinopse
Se pensas que elas disfrutan, estás delulu! Moitos mozos acoden á prostitución sen entender que a gran maioría de prostitutas son mulleres vítimas de trata que sofren e son violentadas de múltiples maneiras. Se puidesen ver a realidade tras os sorrisos finxidos delas, non acudirían. Se ti deixas de ir, elas deixan de sufrir. Sal da película, esta é a realidade das mulleres vítimas de trata sexual.
FICHA TÉCNICA
- Produción: Abella Creativa, Ecos do Sur
- Dirección: Javi Camino
- Guión: Javi Camino
- Produción executiva: Andrés Rozados, Saray Durán
- Dirección de produción: Andrés Rozados
- Axudante de produción: Elías Domínguez
- Dirección de fotografía: Fran Arnoso “Pixi”
- Axudante de cámara: Paspi
- Vestiario: Laura Iglesias
- Maquillaxe e perruquería: Paula Grandal
- Gaffer: Pablo Díaz Meijide.
- Equipo artístico: Juanma Buiturón, Abelo Valis, Samira Gaanay
CANDIDATURAS XXIII PREMIOS MESTRE MATEO
Mellor anuncio publicitario
