Skip to main content

A Academia Galega do Audiovisual organiza un ciclo de encontros en streaming para dar a coñecer ás finalistas en todas as categorías dos premios. En 15 sesións, organizadas grazas ao apoio de Cafés Candelas, representantes das candidaturas finalistas reflexionarán sobre os procesos de traballo que culminan nunha obra audiovisual e a actualidade do sector. As #ConversasCandelasMestreMateo emitiranse entre o 17 de marzo e o 9 de abril ás 20:00 e serán moderadas por representantes de diferentes asociacións profesionais do sector.

Tradicionalmente, a Academia organizou encontros presenciais entre o alumnado de escolas e facultades  de audiovisual de Galicia e os profesionais dalgunhas das categorías finalistas ou gañadoras dos Premios Mestre Mateo. Na presente edición e grazas á colaboración de Cafés Candelas, increméntanse o número de encontros, dando presenza a todas as finalistas, e facilítase o acceso aos mesmos, poñéndoos a disposición do público na canle de Youtube da asociación.

Programa #ConversasCandelasMestreMateo

17 de marzo
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Dirección

Modera: Óscar Cruz, vogal da directiva da Academia Galega do Audiovisual

18 de marzo
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Comunicador/a de TV

Modera: Xosé Barato, vogal da directiva da Asociación de Actores e Actrices de Galicia-AAAG

22 de marzo
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Interpretación Feminina e Masculina de Reparto

Modera: Sonia Méndez, vogal da directiva da Academia Galega do Audiovisual

23 de marzo
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Maquillaxe e Perruquería e Mellor Vestiario
Modera: Susana Veira
, vogal da directiva da Academia Galega do Audiovisual

24 de marzo
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Interpretación Feminina e Masculina Protagonista
Modera: Saamira Ganay
, secretaria da Academia Galega do Audiovisual

25 de marzo
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Dirección de Arte
Modera: Enrique Lojo
, presidente da Asocición Sindical Galega de Guionistas-AGAG

26 de marzo
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Música Orixinal e Mellor Son
Modera: Pepe Coira
, vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual

29 de marzo
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Dirección de Fotografía
Modera: Miguel Mariño
, director da Academia Galega do Audiovisual

30 de marzo
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Guión e Mellor Montaxe
Modera: Álvaro Pérez Becerra
, vicepresidente da Academia Galega do Audiovisual

31 de marzo
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Dirección de Produción
Modera: Xosé Lois Ledo
, vicepresidente da Asociación Galega de Produtoras Independentes-AGAPI

5 de abril
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Anuncio Publicitario e Mellor Videoclip
Modera: Pablo Fontenla
, vicepresidente da Asociación Galega de Profesionais da Dirección e a Realización-CREA

6 de abril
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Curtametraxe de Animación e Mellor Curtametraxe de Imaxe Real
Modera: Isabel Naveira
, vogal da directiva da Academia Galega do Audiovisual

7 de abril
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Programa de TV e Mellor Realización
Modera: Carlos Ares
, guionista, director, produtor de tv e expresidente da Academia Galega do Audiovisual

8 de abril
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Serie e Mellor Serie Web
Modera: Ana Míguez
, presidenta da Academia Galega do Audiovisual

9 de abril
20:00 h. Finalistas na categoría de Mellor Longametraxe e Mellor Documental
Modera: Carmen Méndez
, tesoureira da Academia Galega do Audiovisual

Actividade organizada co apoio de Cafés Candelas e a colaboración de Asociación de Actores e Actrices de Galicia-AAAG, Asociación Sindical Galega de Guionistas-AGAG, Asociación Galega de Produtoras Independentes-AGAPI e Asociación Galega de Profesionais da Dirección e a Realización-CREA.