Clac (76-104)

sinopse

‘Clac’, é o novo programa de cinema da canle pública, co audiovisual galego como protagonista absoluto. Cunha periodicidade semanal, ‘Clac’ emítese os venres e está presentado e dirixido pola xornalista Tania Fernández Lombao. Realizado no estudio 5 de San Marcos, ‘Clac’ conta, amais, coa colaboración do experto en cinema e compañeiro dos medios públicos galegos Eduardo Galán. En cada edición desenvolverase un coloquio con membros do equipo da película seleccionada, duns 30 minutos, e despois da conversa emitirase a película. Na súa estrea, ‘Clac’ adicouse a adaptación cinematográfica da obra máis emblemática de Eduardo Blanco Amor, ‘A Esmorga’. Polo plató de Clac xa pasaron os filmes, O que arde, A estación violenta, Trote, As altas presións, Os fenómenos e moitos máis. ‘Clac’ combina estreas cinematográficas con longametraxes galegas xa ofrecidas pola TVG. Con esta nova proposta, a Galega busca achegar os profesionais do cinema á audiencia, para permitirlles explicar os seus traballos, as súas pretensións e ofrecer un contexto sobre as películas que se proxectan, así como amosar o lado máis humano do cine. Ademais do coloquio e a proxección da película, o espazo incluirá unha sección con información da actualidade cinematográfica e da carteleira.

FICHA TÉCNICA
  • Dirección e presentación: Taní Fernandez Lombao
  • Realización: Xose Luis Piñeiro, Juliana González Sánchez, Nerea Turnes, Ero André Iglesias
  • Produción: Marí Carmen Valenzuela, Mariam Yáñez
  • Edición: Xulia Campo
  • Axudante realización: Marta Abalde
  • Postprodución de video: Beltrán Escrivá
  • Postprodución de son: Manuel Videira
CANDIDATURAS XXII PREMIOS MESTRE MATEO
  • Mellor programa
  • Mellor realización