Clac (20-69)
sinopse
Clac, é o novo programa de cinema da canle pública, co audiovisual galego como protagonista absoluto. Cunha periodicidade semanal, Clac emítese os venres e está presentado e dirixido pola xornalista Tania Fernández Lombao. Realizado no estudio 5 de San Marcos, Clac conta, amais, coa colaboración do experto en cinema e compañeiro dos medios públicos galegos Eduardo Galán. En cada edición desenvolverase un coloquio con membros do equipo da película seleccionada, duns 30 minutos, e despois da conversa emitirase a película.
Clac combina estreas cinematográficas con longametraxes galegas xa ofrecidas pola TVG. Con esta nova proposta, a Galega busca achegar os profesionais do cinema á audiencia, para permitirlles explicar os seus traballos, as súas pretensións e ofrecer un contexto sobre as películas que se proxectan, así como amosar o lado máis humano do cine.
Ademais do coloquio e a proxección da película, o espazo incluirá unha sección con información da actualidade cinematográfica e da carteleira.
FICHA TÉCNICA
- Dirección e presentación: Taní Fernandez Lombao
- Realización: Xose Luis Piñeiro, Juliana, Nerea, Hero
- Produción: Marí Carmen Valenzuela, Mariam
- Edición: Xulia Campo
- Axudante realización: Marta Abalde
- Postprodución de video: Beltrán Escrivá
- Postprodución de son: Manuel Videira
CANDIDATURAS XXI PREMIOS MESTRE MATEO
- Mellor programa