Cinephilia (Cap. 69-112)
sinopse
Cinephilia é un programa cultural semanal dedicado ao cinema conducido por Simone Saibene. Emítese en Telemiño Ourense e a través de R Televisión en toda Galicia. Estréase os mércores ás 22h e retransmítese en diferentes horarios durante a semana. Cada programa, ten unha duración de 25 minutos. \’Cinephilia\’ empezou a súa emisión en outubro do 2019 e leva mais de 110 programas. A finais de setembro do 2021 comezou a segunda tempada.
FICHA TÉCNICA
- Produción: Simone Saibene
- Realización: Simone Saibene
- Guión: Simone Saibene
- Presentador: Simone Saibene
- Produtora: Noveolas Producciones e Telemiño
CANDIDATURAS XX PREMIOS MESTRE MATEO
- Mellor programa
- Mellor comunicador/a
