Cinephilia (68-161)

sinopse

Cinephilia é un programa cultural semanal dedicado ao audiovisual conducido por Simone Saibene e producido por Noveolas Producciones e Telemiño. Emítese en Telemiño en Ourense e provincia e, a través de R Televisión, en toda Galicia. Cinephilia estrease os mércores ás 22 horas e retransmítese en diferentes horarios durante o resto da semana. Os programas son igualmente todos visibles na páxina web e youtube de Telemiño. Cada un ten unha duración aproximada de 25 minutos.

Cinephilia é unha fiestra sobre o audiovisual galego. Cada semana, fai chegar ao tódolos públicos os traballos feitos en Galicia e o coñecemento das profesións técnicas e artísticas que forman parte da obra de arte colectiva que é o cine. En Cinephilia atopan o seu propio espazo as longametraxes de ficcións, os documentais, as curtametraxes, as series, as web series, os videoclips, a animación, o cine experimental, os festivais de cine, e todas aquela variedade de proxectos e iniciativas que contribúen a enriquecer e facer grande o audiovisual galego.

Ademais en Cinephilia reflexiónanse de forma amena sobre a historia do cine, e faise un percorrido entre as últimas estreas da carteleira do cine comercial e das plataformas dixitais.

FICHA TÉCNICA
  • Produción: Simone Saibene
  • Realización: Simone Saibene
  • Guión: Simone Saibene
  • Presentador: Simone Saibene
  • Montaxe: Eva Sarmiento, Eva Cotano
  • Produtora: Noveolas Producciones e Telemiño
CANDIDATURAS XXI PREMIOS MESTRE MATEO
  • Mellor programa
  • Mellor comunicador
  • Mellor realización