Cinephilia
sinopse
Cinephilia é un programa cultural semanal dedicado ao audiovisual conducido por Simone Saibene e producido por Noveolas Producciones para Telemiño. Cada programa ten unha duración aproximada de 25 minutos. Estréase os mércores ás 22.00 horas e retransmítese en diferentes horarios durante o resto da semana. Emítese en Telemiño en Ourense e provincia, e a través de R Televisión en toda Galicia. Ao igual todos os programas son visibles na páxina web e no youtube de Telemiño. ‘Cinephilia’ é unha fiestra sobre o audiovisual galego. Cada semana, fai chegar ao tódolos públicos os traballos feitos en Galicia, ademais o coñecemento das profesións técnicas e artísticas que forman parte da obra de arte colectiva que é o cine. En ‘Cinephilia’ atopan o seu propio espazo as longametraxes de ficcións, os documentais, as curtametraxes, as series, as web series, os videoclips, a animación, o cine experimental, os festivais de cine, e todas aquela variedade de proxectos e iniciativas que contribúen a enriquecer e facer grande o audiovisual galego. Ademais en ‘Cinephilia’ reflexiónanse de forma amena sobre a historia do cine e faise un percorrido entre as últimas estreas da carteleira do cine comercial e das plataformas dixitais. ‘Cinephilia’ empezou a súa emisión a finais de setembro de 2019. Este ano estreouse o programa número 300. No setembro 2025 comezou oficialmente a sétima tempada.
FICHA TÉCNICA
- Produción, guión, realización: Simone Saibene
- Comunicador: Simone Saibene
- Montaxe: Fany Fernández
- Cámara: Borja Carreiro, Jose Donis, Guillermo Subirán, Simone
Saibene - Produción: Noveolas Producciones e Telemiño
CANDIDATURAS XXIV PREMIOS MESTRE MATEO
- Comunicador
- Programa
- Realización
