Cinephilia (172-213)

sinopse
  • ‘Cinephilia’ é un programa cultural semanal dedicado ao audiovisual conducido por Simone Saibene e producido por Noveolas Producciones para Telemiño. Emítese en Telemiño en Ourense e provincia e,a través de R Televisión en toda Galicia. Estréase os mércores ás 22 horas e retransmítese en diferentes horarios durante o resto da semana. Os programas son igualmente todos visibles na páxina web e youtube de Telemiño. Cada un ten unha duración aproximada de 25 minutos.
  • ‘Cinephilia’ é unha fiestra sobre o audiovisual galego. Cada semana, fai chegar ao tódolos públicos os traballos feitos en Galicia e o coñecemento das profesións técnicas e artísticas que forman parte da obra de arte colectiva que é o cine. En ‘Cinephilia’ atopan o seu propio espazo as longametraxes de ficcións, os documentais, as curtametraxes, as series, as web series, os videoclips, a animación, o cine experimental, os festivais de cine, e todas aquela variedade de proxectos e iniciativas que contribúen a enriquecer e facer grande o audiovisual galego. Ademais en ‘Cinephilia’ reflexiónanse de forma amena sobre a historia do cine, e faise un percorrido entre as últimas estreas da carteleira do cine comercial e das plataformas dixitais.
  • ‘Cinephilia’ empezou a súa emisión a finais de setembro de 2019 e leva xa máis de 220 programas. O programa non interrompeu nunca a súa emisión tampouco durante o confinamento no ano 2020. No setembro 2023 empezou oficialmente a quinta tempada e inaugurouse un novo espazo titulado ‘Enfoca’ dedicado á formación profesional e á educación audiovisual en xeral.
FICHA TÉCNICA
  • Produción, guión, realización: Simone Saibene
  • Comunicador: Simone Saibene
  • Montaxe: Fany Fernández
  • Cámara: Borja Carreiro, Jose Donis, Guillermo Subirán, Simone Saibene
  • Produción: Noveolas Producciones e Telemiño
CANDIDATURAS XXII PREMIOS MESTRE MATEO
  • Mellor programa
  • Mellor comunicador
  • Mellor realización