Catro gatos (1-13)

sinopse

Catro amigos, os actores Xosé A. Touriñán e David Perdomo, e as actrices Fátima Pego e Noemi Rodríguez reúnense nun bar no que falan da vida, das súas vivencias persoais e inquedanzas. Cada un deles recordará unha anécdota que dá paso aos sketchs, nos que os catro amigos interpretan diferentes personaxes.

A comedia está presente en todo momento neste formato que mestura tertulia e sketchs cómicos e no que prima a espontaneidade de cada un dos participantes.

FICHA TÉCNICA
  • Actores protagonistas: Xosé A. Touriñán, Fátima Pego, David Perdomo, Noemi Rodríguez
  • Dirección: Xosé A. Touriñán
  • Editor de guión: José L. Prieto
  • Guionistas: Manuel Cortés, José L. Prieto, David Perdomo, Xosé A. Touriñán
  • Realizador: Jairo Iglesias
  • Axudante de dirección: Isabel Escrigas
  • Auxiliar de dirección: Laura Sixto
  • Directores de produción: Javi Lopa, Álvaro Becerra
  • Xefe de produción: Javi Lopa
  • Axudante de produción: Elisabeth Monteagudo
  • Secretaria de produción: Elisa Martínez
  • Auxiliares de produción: Andrés Caride, Claudia Peña, Manuel Martínez
  • Director de fotografía: JJ Guillermo
  • Operadora de cámara: Paula Correa
  • Axudante de cámara: Juan Ramil
  • Auxiliar de cámara: Yeray Diéguez
  • Eléctricos: Jorge Castro, Juan Figueras, Juan Sánchez, Raúl Iglesias
  • Reforzo eléctricos: Roberto Quintero, Víctor Mañana
  • Director de arte: Banale
  • Atrezzista: Rebeca Ros
  • Xefe de son: Roi Gil
  • Microfonista: Pablo Ramos
  • Xefa de vestiario: Raquel Iglesias
  • Axudante de vestiario: Alba Martínez
  • Maquilladora: Chicha Blanco
  • Peiteadora: Pilocha Rodríguez
  • Montadoras: Vanessa G. Sampedro, Jairo Iglesias, Vanesa Amoedo
  • Axudante de montaxe: Raúl Parga
  • Foto fixa: Aigi Boga
  • Grafistas: Pedro Pose, Mikel Fuentes
  • Postprodutores de son: Santi Jul, Iván Laxe
  • Comunicación e redes sociais: Saúl Rivas
  • Música da cabeceira: Ortiga
CANDIDATURAS XXI PREMIOS MESTRE MATEO
  • Mellor programa
  • Mellor comunicador
  • Mellor realización